venres, 27 febreiro 2026

O Concello reafirma o seu compromiso co feminismo nun 8M co lema “Democracia son dereitos. Feminismo e Civilización"

venres, 27 feb 2026

Abel Caballero participou hoxe na presentación do programa para conmemorar o Día Internacional dá Muller que este ano leva por lema “Democracia son dereitos. Feminismo e civilización”. Na rolda de prensa tamén estiveron presentes a primeira tenente de alcalde, Carmela Silva, as concelleiras de Igualdade, Educación e Política Social, Ana Laura Iglesias, Olga Alonso e Yolanda Aguiar,, así como as compoñentes do Consello Municipal da Muller.

Abel Caballero: “É esperpéntico que Louzán traia á FIFA a visitar 10 sedes cando España ten 11 concedidas”

venres, 27 feb 2026

O alcalde repasou pormenorizadamente os estadios e as entidades públicas que financiaron as reformas, recordándolle á Xunta de Galicia e á Deputación de Pontevedra que “o Goberno de España non pagou ningún campo. Eles costearán cuestións que estean no ámbito das comunicacións e das infraestruturas que lle corresponden, tal e como avanzaron desde o inicio”.

O Auditorio Municipal acollerá a finais de marzo o "V Ciclo de Montaña, Medio Ambiente e Cambio climático"

venres, 27 feb 2026

O Auditorio Municipal acollerá os días 24, 25 e 26 de marzo as tres conferencias do “V Ciclo de de Montaña, Medio Ambiente e Cambio Climático” organizado entre o Concello de Vigo e o Club Peña Trevinca Montañeiros Galicia. A concelleira de Medio Ambiente, Nuria Rodríguez, anima a asistir a unhas das maiores conferencias ambientais que se van a desenvolver este ano Vigo.