xoves, 26 febreiro 2026

O alcalde defende o mantemento da competencia na entrega da Medalla de Ouro da CEP ao presidente do Sabadell

xoves, 26 feb 2026

Abel Caballero destacou esta tarde, no acto da entrega da Medalla de Ouro da Confederación de Empresarios de Pontevedra a Josep Oliu Creus, presidente do Banco Sabadell, o "acompañamento da entidade financeira" ás empresas de Vigo e de Galicia. "Os cidadáns de Vigo vemos no Sabadell un apoio e gústanos que haxa competencia e que desaparezan os monopolios tamén no ámbito financeiro". O premiado rememorou o nacemento en 1881 do Banco Sabadell, "apegado" ás empresas do territorio onde se implantou e destacou que este modelo que se mantivo no tempo en Galicia co Sabadell-Gallego, e incidiu en que "o banco tiña que seguir só para manter a competitividade". Pola súa banda, Jorge Cebreiros, presidente da CEP, agradeceu a Oliu a defensa dun "modelo financeiro plural e competitivo" que apoia ás empresas galegas.