Escoitar

Vigo suma 15 novos murais artísticos

O Concello destina 218.000 euros á creación de 13 murais e a recuperación doutros dous para seguir convertendo a cidade nun referente de arte urbana ao aire libre.

xoves, 26 feb 2026

Abel Caballero anunciou a posta en marcha da XII edición do programa “Vigo, cidade de cor”, que permitirá actuar en 15 medianeiras da cidade —13 novas intervencións e 2 murais que se renovarán— cun investimento de 218.000 euros.

Caballero destacou que o programa supón “o embelecemento da cidade” e vai moito máis alá do plano estético. “Cambia o contexto en termos visuais e mesmo na forma en que se entende cada un dos espazos urbanos”, afirmou, subliñando que estes murais contribúen á recuperación e revitalización do entorno humano.

As intervencións previstas nesta edición realizaranse nos seguintes emprazamentos:

  • Pista Polideportiva de Teis – Laura Álvarez
  • Pista Deportiva Anduriña – Colectivo Imperdible
  • Pista Deportiva Verderol – María Corrales
  • Rúa Tomás Alonso, 188 – Liqen
  • Avenida Castelao, 30 – Tirso Paz (“Bubble Gum”)
  • Rúa Pardillo, 5 – Iria Prol
  • Rúa Toxal, 17 – Habraham Barrios
  • Camiño Cordoeira, 3 – Vanesa Álvarez
  • Muros das escaleiras de Vázquez Varela – Raquel de la Coba
  • Escaleiras da rúa Colombia (barrio de Ribadavia) – Roberto Argüelles
  • Peche do Colexio María Inmaculada – Cristina Pino e Gustavo Suasnabar
  • Barrio de Ribadavia (rehabilitación de mural) – David Lorenzo
  • Asociación Veciñal de Lavadores (rehabilitación de mural) – Anthony
  • Rúa Hispanidade
  • Rúa Cataluña, 40 – Jackeline de Montaigne

Con esta nova edición, Vigo consolida unha colección de arredor de 190 murais distribuídos por toda a cidade, converténdose nun auténtico museo ao aire libre.

Descargar todas as imaxes