O rexedor asiste á 3ª Edición dos Maritime Trends Summit
Caballero acudiu ao Auditorio Mar de Vigo á xornada de clausura deste congreso organizado por ASIME (Asociación de Industrias do Metal e Tecnoloxías Asociadas de Galicia), patronal do sector e que agrupa a máis de 600 empresas. A nova edición dos Maritime Trends reuniu ás principais empresas e organizacións que lideran a industria naval, marítima e portuaria a nivel internacional. O Congreso serviu para realizar unha análise do estado da industria co foco na realidade actual dos estaleiros e armadores, os retos loxísticos e portuarios, o auxe das enerxías mariñas ou o crecente papel del sector de seguridade e a defensa no ámbito marítimo. Na súa intervención o rexedor vigués quixo destacar o papel da industria como "lugar central da economía" e "onde se producen as grandes revolucións e os grandes cambios, desde a revolución industrial ata a intelixencia artificial". Aproveitou tamén para destacar o papel das Forzas Armadas, que "xogan un papel tan importante na seguridade, que é máis que a defensa, e na tecnoloxía", polo que faise necesario "reforzar os sistemas e tecnoloxías do naval".