Escoitar

Caballero reclama que os beneficios das novas tecnoloxías e a intelixencia artificial cheguen a toda a sociedade

O alcalde animou este martes aos estudantes e tecnólogos da Universidade de Vigo a conseguir que os beneficios do aumento da produtividade que xerarán coa aplicación e o desenvolvemento das novas tecnoloxías e da intelixencia artificial se repartan entre toda a sociedade. No acto de inauguración do “XXVI Foro Tecnolóxico de Emprego” insistiu na necesidade de que tamén se xeren melloras sociais para toda a cidadanía, redundando no beneficio da cidade e do país.

martes, 24 feb 2026

Abel Caballero puxo en valor hoxe o “extraordinario percorrido” realizado pola Universidade de Vigo ao longo dos seus 36 anos de actividade. Dirixíndose aos universitarios que organizan e participan no Foro Tecnolóxico de Emprego, o rexedor recomendou poñer en valor a “marca da Universidade de Vigo” que lles acompañará no desenvolvemento da súa vida profesional e laboral. “Seguiredes tendo o inmenso orgullo da universidade e das vosas facultades e escolas porque estades no máis alto nivel científico e investigador que se pode ter nunha tecnolóxica hoxe en España e porque vós ídesvos a encargar de levar adiante ás grandes tecnolóxicas”, afirmou.

O alcalde incidiu na importancia de que o futuro non só sexa bo para os futuros profesionais das novas tecnoloxías que se forman na Universidade de Vigo “senón para toda a sociedade”.

Caballero participou esta mañá na inauguración do “XXVI Foro Tecnolóxico de Emprego” na que tamén estiveron presentes o reitor da Universidade, Manuel Reigosa, entre outos representantes da institución académica. 

Descargar todas as imaxes