Escoitar

Vigo retoma as obras de Serafín Avendaño tras “3 meses parada pola Xunta Galicia”

O rexedor achegouse a observar os traballos da humanización, que contará cunha rampla mecánica de 30 metros dende García Barbón “ata a entrada ao colexio e na subida ao Halo”.

luns, 23 feb 2026

"Hoxe arrancamos a obra de humanización e de instalación dunha rampla en Serafín Avendaño”, iniciou o rexedor, explicando que “tiña que haber empezado fai 3 meses, pero a Xunta de Galicia parounos a obra”. A actuación contempla unha inversión superior aos 1,7 millóns, na que se realizará a construción dunha nova rampla mecánica, cunha lonxitude de 30 metros.

O proxecto prevé a pavimentación en plataforma única, nova iluminación led, renovación de semáforos e balizas luminosas no chan; renovación das redes de saneamento e abastecemento e novo mobiliario urbano. Esta actuación, indicou Caballero, implementa un novo corredor que vai, practicamente desde a zona do Areal, Rosalía de Castro, García Barbón, onde arranca o a rampla e conecta co HALO, e enlaza con Escultor Gregorio Fernández, a nova rampla en San Salvador para achegarse ata o ascensor que sube ata Pizarro e alí coller o ascensor ou a escaleira mecánica ata o Barrio de Ribadavia.

Descargar todas as imaxes