Escoitar

A cidade actualiza o Plan de Igualdade “con diagnóstico propio e traballo con entidades feministas”

O documento foi defendido no Pleno pola concelleira de Igualdade, Ana Laura Iglesias, “que pon a Vigo na vangarda”. O Partido Popular votou en contra e o BNG abstívose.

luns, 23 feb 2026

A edil socialista defendeu “trátase dunha folla de ruta ambiciosa que ten como obxectivo converter Vigo nunha cidade máis xusta, máis libre e libre de desigualdades, situándose como referente en toda España en materia de igualdade e loita contra as violencias machistas.”

O plan inclúe 154 medidas concretas que reforzan o compromiso do Concello coa igualdade efectiva entre mulleres e homes, co feminismo e coa loita decidida contra a violencia de xénero.

Iglesias tamén defendeu a participación das entidades feministas e o Consello Municipal da Muller que participaron na creación do V Plan de Igualdade e que “ten diagnóstico propio e non é un corta e pega”.

Descargar todas as imaxes