Caballero sinala a An Alfaya, Premio Laxeiro 2026, como unha grande “transmisora de literatura”
O presidente da Fundación Laxeiro, Abel Caballero entregou hoxe á escritora An Alfaya o Premio Laxeiro 2026, con motivo da celebración do 118 aniversario do nacemento de José Otero Abeledo, en recoñecemento á súa prolífica produción literaria e ao seu talento para escribir para o público infantil e xuvenil.
O alcalde, tras recoñecer o carácter “universal” do “mestre” Laxeiro, destacou a obra de An Alfaya e a conexión entre a pintura e a literatura polo goce permanente que xera nos espectadoras e os lectores. “Queremos que perdure a súa obra e a súa pintura”, afirmou en relación ás creacións do artista.
“O acordo do padroado da Fundación Laxeiro de conceder o premio a An Alfaya volve ser unha gran decisión adecuada e acorde coa súa calidade”, remarcou o alcalde ao incidir en que a premiada é “unha gran transmisora da literatura”, ademais dunha gran literata.
No día en que se conmemora o Día de Rosalía de Castro, da que Alfalla declárase como “Rosaliana”, o rexedor lembrou que tamén ten lugar o 45 aniversario do intento de golpe de estado que entre os seus obxetivos tiña “apagar para sempre o renacemento da cultura”.
Caballero afirmou que o premio ten unha dimensión “superlativa” ante a situación de ameaza á liberdade e á cultura por parte da ultradereita. “Estamos a vivir un ataque moi serio contra a propia democracia”, apuntou . “Sen cultura poida que haxa vida, pero non liberdade, e sen democracia poida que haxa vida pero non liberdade, e por iso é un momento tan importante” incidiu.
Cultura
A escritora galardoada remarcou a dimensión como artista “adiantado ao seu tempo e cosmopolita” de Laxeiro á vez que dirixiu o seu recordo para a escritora e xornalista de Vigo Begoña Caamaño a quen este ano se dedica en “Día dás Letras Galegas”.
Alfaya preguntou aos asistentes “Pódese vivir sen cultura, sen arte, sen literatura, sen fotografía?” para concluír que non e incidir en que “se a vida vén pintada coa brocha gorda do sufrimento a arte humanízanos e dános esperanza” e que en “a única táboa de salvación como especie é o respecto á cultura”. “
A literatura me redime e non quero estar fóra de ela”, proclamou.
Premio
O editor e escritor Francisco Castro, tras felicitar ao Concello de Vigo e á Fundación Laxeiro por conceder o premio a An Alfaya, “unha voz crucial da literatura galega desde os anos 90 do século pasado”, destacou a súa visión “humanista” e se dimensión como creadora con “voz propia” e como paradigma da boa literatura infantil e xuvenil desde o respecto aos mozos.