O Goberno local instalará códigos QR para persoas invidentes en edificios municipais
A medida permitirá que as persoas cegas ou con pouca visibilidade podan obter a través do escáner no teléfono móbil información en tempo real. A proba piloto levarase a cabo en 173 edificios ou instalacións municipais.
O Concello licita por 37.000 euros un sistema dixital pioneiro dentro do proxecto Vigo Edificios Intelixentes. O alcalde anunciou a licitación do sistema de mantemento de licenzas dun novo modelo inclusivo de acceso á información en soportes urbanos, cun investimento de 37.000 euros.
A iniciativa permitirá incorporar códigos QR adaptados para persoas invidentes ou con visión reducida nos edificios municipais, facilitando o acceso directo á información actualizada sen necesidade de intermediarios.
Segundo explicou o rexedor, trátase dunha nova forma de sinalización dixital que fará os espazos públicos “máis accesibles e máis inclusivos”, permitindo que as persoas con discapacidade visual reciban información de maneira rápida, autónoma e en tempo real.
O sistema funcionará como proba piloto dentro do proxecto municipal Vigo Edificios Intelixentes, apostando pola tecnoloxía como ferramenta de inclusión social. Caballero destacou a vantaxe deste modelo fronte aos paneis tradicionais en braille: “A información poderá actualizarse en tempo real”, subliñou, garantindo así que os contidos estean permanentemente adaptados ás necesidades informativas da cidadanía.
“Imos utilizar a tecnoloxía para mellorar toda a información destinada ás persoas invidentes”, concluíu.