luns, 21 set 2026
O alcalde explicou que a intervención na rúa Subida a Radio Faro, coa construción dun novo pozo de bombeo, supón o mantemento dun “magnífico” servizo a todas as vivendas situadas na súa contorna.
venres, 18 set 2026
A Xunta de Goberno deu o visto e prace a unha nova batería de proxectos do plan extraordinario de asfaltados que inclúe a mellora de 372 rúas e un investimento global de 26,5 millóns de euros. O importe das intervencións acordadas este venres en Matamá, Castrelos, Sárdoma, Valadares e Bembrive ascenden a 2.653.561 euros.
venres, 18 set 2026
O alcalde explicou que a primeira actuación permitirá retranquear o paseo cara ao interior para recuperar máis superficie de duna e gañar espazo para a praia. A Xunta de Goberno acepta a concesión do dominio público marítimo-terrestre que permitirá ao Concello executar a primeira fase da rexeneración ambiental e humanización do areal.
xoves, 17 set 2026
O alcalde remarcou este xoves que a execución do proxecto do Goberno Municipal para humanizar as dúas rúas dilátase no tempo pola negativa da institución provincial a asinar os dous convenios que fixan o cofinanciamento pactado para mellorar dous importantes ámbitos da cidade.
xoves, 17 set 2026
A Xunta de Goberno Local dará luz verde á encomenda a Aqualia para redactar o proxecto de mellora dun depósito “importantísimo no sistema de abastecemento de Vigo”. Tamén se aprobará a tramitación da renovación das redes de abastecemento e saneamento de Coia.
mércores, 16 set 2026
As obras de remodelación da Avenida de Madrid continúan avanzando coa intervención na zona central da vía, onde se instalarán os grandes colectores antes de executar a nova medianeira axardinada de dous metros de ancho e con iluminación propia. Os traballos progresan tamén nas beirarrúas do primeiro tramo, ata a contorna de San Roque. A actuación abrangue 2,37 quilómetros e conta cun investimento de 16,8 millóns de euros, financiado nun 70% polo Goberno de España e nun 30% polo Concello.
martes, 15 set 2026
Abel Caballero avanzou que a previsión municipal mantén o remate da obra a finais de 2026 e trabállase para que poida estar operativa a comezos de xaneiro, cando se disputa o derbi galego. “Nese momento teremos xa as tres bancadas definitivas para o Mundial acabadas: Marcador, Río e Gol”, sinalou o rexedor.
venres, 11 set 2026
O Concello inviste 3,3 millóns de euros na humanización e instalación de catro ramplas mecánicas, dos que 2 millóns proceden do Plan de Recuperación do Goberno de España con fondos europeos Next Generation EU.
luns, 7 set 2026
Caballero volveu criticar á Xunta por desatender as súas responsabilidades na xestión da auga, particularmente no caso de Baiona. Destacou que esta localidade quedaría sen subministro nunha semana se non chega a actuar Vigo.
venres, 4 set 2026
A Xunta de Goberno aprobou a licitación das obras, que crearán unha fachada continua con iluminación ornamental e unha pantalla de información.