venres, 28 nov 2025
É o principal concurso de deseño arquitectónico, o máis importante de Canadá. O HALO foi galardoado na categoría de Transporte e está no “Best of best” de 2025 xunto a outros deseños internacionais. Tamén foi recoñecido nos Premios de Arquitectura e Rehabilitación de Galicia deste ano.
xoves, 27 nov 2025
O rexedor explicou que o investimento superará o millón de euros nesta rúa. Amais. Caballero informou de que o luns enviou asinado o convenio para o financiamento da piscina de Teis, aclarando que a obra segue avanzando.
mércores, 19 nov 2025
Caballero acusou ao Goberno autonómico de perder 8 meses na resolución das dificultades que está a atravesar Eiras, da que a Xunta é responsable desde xaneiro de 2023. Insistiu na reversión da xestión ao Concello porque xestiona cunha neglixencia “gravísima”.
martes, 18 nov 2025
O Goberno municipal avanza na construción do novo ascensor da rúa Juan Ramón Jiménez, entre Marqués de Valterra e Torrecedeira, coa colocación das tres pasarelas que darán acceso á cabina.
martes, 18 nov 2025
Javier Pardo reclama á Xunta que Vigo recupere a xestión da presa para o que ofreceu un convenio aos responsables de Augas de Galicia cos que mantivo un encontro esta mañá. Insistiu en que a administración autonómica sabe que hai un problema nas válvulas desde hai sete meses en non actuou ata o de agora.
luns, 17 nov 2025
O rexedor subliñou que o suceso non está relacionado coa obra en marcha, senón que se debeu a “unha carga forte que provocou a súa rotura”. A obra de reposición do firme estará rematada ao longo do martes.
venres, 14 nov 2025
O alcalde visitou o inicio das obras de humanización de Serafín Avendaño que rematarán nun ano coa instalación dunha rampla mecánica de 30 metros. O orzamento é de 1,7 millóns e prevé a renovación da pavimentación, redes e mobiliario urbano.
mércores, 12 nov 2025
O alcalde afeou esta mañá á Xunta que en tres anos non fora capaz de cambiar dúas válvulas da presa de Eiras da que é propietaria desde xaneiro de 2023. O acordo asinado entre as partes establece que Augas de Galicia é a responsable do mantemento e conservación desas pezas.
venres, 7 nov 2025
Abel Caballero deu conta este venres da contratación da redacción dos proxectos de execución das obras en distintas vías do centro e dos barrios: “a maior tanda de humanizacións que se fixo nunca na historia da cidade”.
mércores, 5 nov 2025
Abel Caballero explicou que “seguimos avanzando a bo ritmo”. Coa bancada de Gol o estadio terá un aforo superior aos 30.000 espectadores e coa ampliación de Tribuna, “que xa comezou”, alcanzaranse os 43.000 esixidos por FIFA.