O Goberno local asfaltará 4 rúas no barrio de Casablanca nos próximos 3 días
Abel Caballero anunciou o inicio dos traballos mañá martes na rúa Brasil e Santo Domingo, e nos dous seguintes días nas rúas Cuba e Guatemala.
O Concello programa desvíos de tráfico nos días de actuación nestas catro céntricas rúas. O alcalde informou que o investimento é de máis de 100.000 euros. “A actuación é completa, renovando a capa de rodadura dos pavimentos, o firme e a protección das arquetas”.