O alcalde participou no acto simbólico de colocación da primeira pedra, onde destacou os 86 postos de lectura e o seu deseño para ser referente arquitectónico e cultural no barrio vigués.
O alcalde recibiu aos representantes da Sociedade Jules Verne de Vigo e amosou a súa “máxima ilusión” pola celebración na cidade do V Congreso Internacional Verniano no ano 2028, coincidindo con tres efemérides clave: o bicentenario do nacemento de Jules Verne, o sesquicentenario da súa primeira visita a Vigo e o 160 aniversario da chegada do Nautilus á ría. Caballero cualificou o evento como unha “oportunidade extraordinaria” para a proxección internacional da cidade e comprometeu a colaboración do Concello “en todo o necesario” para garantir o éxito da cita. O congreso reunirá en Vigo a especialistas internacionais na figura do escritor francés, que presentarán novos estudos sobre a súa obra e legado, consolidando a cidade como referente verniano. O alcalde destacou a relevancia de que Vigo se sume a sedes como Barcelona, A Habana, Palma de Mallorca ou Colombia, e subliñou que a cidade está preparada para acoller “un congreso excepcional” que reforzará a súa dimensión cultural e científica a nivel global.
O alcalde saudou este mércores aos máis de 500 alumnas e alumnos de trece centros educativos da cidade, que asistiron no Auditorio Municipal ao espectáculo “Ecoralia, a lambona ecolóxica”, unha xornada organizada polo Concello dentro da programación de normalización lingüística. A través de cancións e narracións a ritmo de rock coa súa guitarra, Pakolas achegoulles a historia da maga Ecoralia, que aborda a importancia do consumo ecolóxico para coidar o medio ambiente, combater o cambio climático e garantir o benestar animal.
A programación municipal de artes escénicas VigoCultura conmemora esta fin de semana o Día Mundial do Circo, con funcións para todos os públicos o sábado 18 e o domingo 19 de abril. Para este día as entradas están esgotadas.