O Verbum será mellorado cun investimento de 243.000 euros
O alcalde informou do inicio, este martes, das obras de reparación das humidades detectadas na fachada da segunda planta do edificio do museo, que permitirán unha mellora térmica e de mantemento.
O Goberno municipal acomete desde hoxe “importantes” obras de mellora no Museo Verbum en Samil, que teñen un orzamento estimado de 243.000 euros.
Abel Caballero explicou que o obxectivo desta actuación é tratar de corrixir os problemas de humidades que se producen a través da fachada da planta segunda “deteriorada polo paso do tempo e a situación do edificio ao carón do mar”. A obra consistirá na substitución da impermeabilización actual, que funcionará como unha segunda pel para protexer o edificio orixinal, reducir a carga térmica e permitir un mantemento máis eficaz de cara ao futuro.
“Ocupámonos da cultura e de que estea nas condicións que debe estar”, apuntou o rexedor.