Escoitar

O Concello adica 60.000 euros a proxectos de cooperación internacional

O 30 de abril rematará o prazo para que as ONGs da cidade poidan solicitar fondos para os seus proxectos de cooperación. O Concello dedica 60.000 euros do orzamento municipal para colaborar con iniciativas como a financiamento de prazas de comedor escolar en Perú.

luns, 13 abr 2026

Xa está aberto o período para que as organizacións non gubernamentais poidan solicitar subvencións para a realización de proxectos de cooperación internacional, polo que, ata o 30 de abril, as ONGs poderán presentar as súas propostas. A partida orzamentaria ascende a 60.000 euros.

No ano 2025, o Concello financiou seis proxectos de cooperación internacional como máis de mil prazas de comedor en Cajamarca, Perú; implementación de hortas urbanas orgánicas en Bolivia; proxectos de apoio escolar en zonas de exclusión social de Tegucigalpa, Honduras; mellora de centros de saúde en El Congo ou colaboración na creación dun centro de FP en Zambia.

 

Descargar todas as imaxes