Escoitar

O Goberno local programa un novo ciclo de cine no xardín do Pazo de Castrelos

O Concello retoma este verán o ciclo de cine ao aire libre con seis proxeccións os venres e sábados de xuño e xullo.

venres, 10 abr 2026

Tras o éxito da edición do ano pasado, o Concello aposta por consolidar esta iniciativa como unha cita anual, fomentando a participación cidadá, o acceso á cultura nun contorno privilexiado e fortalecendo o vínculo co Pazo de Castrelos. 

O ciclo contará con seis proxeccións nocturnas que terán lugar os venres e sábados de xuño (19, 20, 26 e 27) e xullo (3 e 4). A programación incluirá películas recentes e de éxito, dirixidas a todos os públicos, con especial atención ao público familiar e infantil, e priorizando xéneros como a animación, a aventura e a comedia.

Descargar todas as imaxes