mércores, 8 abril 2026

O rexedor pon en valor o apoio das empresas colaboradoras coa Gala do Deporte

mércores, 8 abr 2026

O alcalde recibiu no Concello ás empresas patrocinadoras da Gala do Deporte, nun acto no que agradeceu a súa implicación e compromiso co impulso do deporte na cidade. Caballero puxo en valor a colaboración público-privada como un elemento clave para o desenvolvemento deportivo de Vigo, destacando o apoio constante destas entidades ás iniciativas municipais. O rexedor recoñeceu o seu papel como “parte esencial” do ecosistema deportivo vigués e da promoción de valores asociados ao deporte.