Escoitar

Caballero destaca o éxito da XXV Vig-Bay e da V Minibay coa participación récord de 8.450 corredores

O alcalde felicitou esta mañá á organización das dúas probas, que terán lugar este domingo 12 de abril entre Vigo, Nigrán e Baiona, polo esforzo loxístico despregado durante 25 anos para consolidar a súa proxección nacional e internacional e conseguir unha participación multitudinaria.

mércores, 8 abr 2026

Abel Caballero incidiu no atractivo dunha proba “excepcional” que este ano mobilizará a máis de 8.400 persoas.

O rexedor trasladou a organizadores e participantes a felicitación de toda a cidade pola dimensión alcanzada, “porque era impensable que arrincando dun lugar modesto se convertese nunha referencia para os deportistas de todas as comunidades españolas e de fóra do país”.

Aumento

Eduardo Vieira, presidente do medio maratón, destacou a participación récord de corredores, coa inscrición de 8.450 deportistas: 6.450 na proba de 21.097 metros, entre Vigo e Baiona, e de 2.000 na de 10.548 metros, entre Nigrán e Baiona. “Rexistrou un incremento do 23,49 por cento”, sinalou.

Entre os datos apuntados durante a presentación das probas destaca a presenza de corredores de todas as comunidades autónomas, así como de 48 países. Durante os 25 anos de traxectoria, a Vig-Bay contou coa inscrición de máis de 100.000 persoas.

 

Descargar todas as imaxes