Caballero louva o traballo dos funcionarios de Aduanas e Facenda que se están a formar en Vigo
O alcalde saudou ás persoas participantes nas Xornadas de Formación Directiva do Departamento de Aduanas e Impostos Especiais da Agencia Estatal de Administración Tributaria, destacando a importancia desta formación para reforzar a capacidade de control, coordinación institucional e loita contra a fraude nun contexto global cada vez máis complexo. O rexedor puxo en valor o papel do persoal directivo e técnico, así como dos funcionarios do Corpo Superior de Inspectores de Facenda e de Vixilancia Aduaneira, subliñando que o seu traballo resulta esencial para garantir a seguridade económica, combater o tráfico ilegal e asegurar o correcto funcionamento do comercio internacional.