As fontes de Aragón tinguiranse este sábado de azul polo Día Mundial do Parkinson
O Concello iluminará de azul este sábado 11 as fontes de Aragón para conmemorar o Día Mundial do Parkinson coincidindo co nacemento de James Parkinson, neurólogo que describiu a enfermidade por primeira vez en 1817. A xornada busca concienciar sobre a enfermidade neurodegenerativa, visibilizar a quen convive con ela e fomentar a investigación.