Escoitar

Vigo acada a súa décima Vasoira de Platino

O recoñecemento, que entrega ATEGRUS, pon en valor a limpeza da cidade, así como a dixitalización dos servizos e a segmentación por barrios e rúas, o que permite unha intervención máis eficaz e adaptada ás necesidades reais de cada contorna.

luns, 13 abr 2026
Imaxe de arquivo
Imaxe de arquivo

“En Vigo somos referentes na limpeza”, afirmou o alcalde, incidindo en que a limpeza é un elemento “fundamental” na calidade de vida e na imaxe urbana.

O galardón, que se concede con carácter bianual, recoñece a excelencia nos servizos de limpeza urbana e na recollida de residuos. Caballero lembrou que Vigo obtivo a súa primeira Vasoira de Platino no ano 2008 e que, desde entón, foi revalidando este distintivo ata acadar a décima neste 2026. “Somos a cidade máis limpa de Europa”, recalcou.

O rexedor explicou que o servizo de limpeza chega a máis de 2.300 quilómetros no conxunto do municipio, dos que 1.634 corresponden ao ámbito rural, e que se garante a recollida de residuos para toda a poboación.

A entrega oficial da décima Vasoira de Platino terá lugar o próximo 10 de xuño en Madrid.

Descargar todas as imaxes