O Servizo de Teleasistencia municipal atendeu a 927 personas en marzo
Incorporou a 22 novas altas e realizou 4.606 chamadas para atender as necesidades das persoas usuarias.
O alcalde explicou que do total de seguimentos telefónicos realizados o mes pasado, un total de 3.099 tiveron como obxectivo coñecer o estado das usuarias e trasladarlles que están acompañadas e atendidas.
Ademais de considerar todos os temas relacionados coa seguridade, o servizo de Teleasistencia atende ás persoas de avanzada idade con iniciativas como a organización dunha comida especial no día do seu aniversario; o recordatorio e seguimento dos tratamentos médicos, que recibiron 414 persoas. A estes súmanse 21 chamadas cursadas durante o ingreso hospitalario; 48 seguimentos realizados tras regresar aos seus domicilios despois de pasar un tempo fóra e a atención podolóxica a 8 persoas.
O alcalde lembrou que coa Teleasistencia municipal as usuarias dispoñen dun botón de chamada que facilita a comunicación inmediata co servizo para atender as súas necesidades. O Concello destina 192.000 euros a este servizo que non ten custo para as persoas que o reciben.