Caballero felicita a Veritas pola apertura do seu primeiro supermercado en Vigo

xoves, 19 nov 2026

O alcalde asistiu este xoves á inauguración do primeiro supermercado da cadea Veritas na cidade, situado no número 61 da rúa Rosalía de Castro, e felicitou á propiedade pola súa aposta pola cidade desexándolles o maior dos éxitos nesta nova etapa empresarial. O establecemento, de arredor de 250 metros cadrados, supón a creación de sete postos de traballo. Fundada en Barcelona en 2002, Veritas abre en Vigo o seu terceiro supermercado en Galicia como cadea está especializada na comercialización de produtos con certificación ecolóxica, cunha oferta de máis de 6.000 referencias, e apostando polo produto de proximidade e pola colaboración con produtores locais.

O Concello alíase coa Cámara de Comercio para a promoción da actividade dos negocios locais

martes, 20 out 2026

Abel Caballero destacou este martes, no acto de presentación do programa “Vigo Comercio vivo”, o “traballo extraordinario” que realizan os pequenos e medianos establecementos en favor dunha cidade “viva”. Reiterou o apoio municipal ás iniciativas para visualizar e promover a actividade que desenvolven. “Seguiremos pelexando día a día para favorecer ao comercio local”, afirmou.

O rexedor visita El Corte Inglés tras a súa remodelación

venres, 9 out 2026

Abel Caballero percorreu o renovado espazo do centro comercial que experimentou unha transformación integral con melloras de accesibilidade e eficiencia enerxética. Na visita estivo acompañado polo concelleiro de Comercio, Ángel Rivas, así como por José Luis Blanco, director rexional de El Corte Inglés Galicia – Asturias; Rebeca Bezos, directora territorial de Comunicación e Relacións Institucionais e Meritxell Ortega, directora de Vigo.

O alcalde felicita ás panaderías viguesas incluídas no top de España 2026

mércores, 7 out 2026

Abel Caballero recibiu este mércores aos responsables da Panadería Travesía de Vigo, da Panadería El Trigal e do Atelier de Diego Caride que acaban de ser incorporadas á "Ruta d@s 50 panadeir@s top de España 2026" que recoñece e promove o traballo das panaderías e pastelerías artesanais de España. O rexedor felicitounos polo seu bo traballo e trasladoulles o orgullo da cidade por contar con tres establecementos recoñecidos pola súa calidade en todo o país.

O comercio enche a rúa Policarpo Sanz esta fin de semana

venres, 4 set 2026

O alcalde visitou este venres Pasarela Stock, o mercado de oportunidades organizado por Vigo Centro, Centro Comercial Aberto, que reúne do 4 ao 6 de setembro a máis de 30 establecementos na rúa Policarpo Sanz, entre o Teatro García Barbón e a Porta do Sol. O rexedor percorreu os postos dunha iniciativa que achega o comercio local á rúa con produtos de moda, calzado, complementos ou lencería, e que se completa con música en directo e un desfile de avance da temporada outono-inverno.

O alcalde traslada a cooperación municipal á Cámara de Comercio de Vigo

venres, 4 set 2026

Abel Caballero reuniuse este venres con José García Costas e con Víctor Varela, presidente e director xerente da Cámara de Comercio de Vigo, respectivamente, para abordar a continuidade da cooperación entre o Concello e a organización que aglutina a empresarios, comerciantes e profesionais da cidade co obxectivo de "dar impulso económico á urbe". O rexedor trasladoulles a colaboración municipal nos proxectos que desenvolven no marco da "relación fluída" entre ámbalas entidades.

Abel Caballero participa no lanzamento de “Vive Galicia” en Vigo

martes, 28 xul 2026

O alcalde acompañou a posta en marcha da campaña de Alcampo, que reúne 161 produtos elaborados por 60 provedores locais e estará activa ata o 12 de agosto nos 21 establecementos da compañía en Galicia. A iniciativa, presentada no renovado hipermercado de Coia, pon en valor a calidade e a diversidade da produción galega e reforza o apoio ao tecido empresarial de proximidade: en 2025, Alcampo realizou compras a 288 provedores da comunidade por máis de 207 millóns de euros.

Vigo acolle a primeira preestrea en España de Marsupilami

luns, 27 xul 2026

O alcalde participou este luns na presentación do filme xunto a José Araújo, representante da distribuidora YouPlanet, que escolleu Vigo para celebrar o primeiro dos pases previstos en España. A proxección viguesa precede á programada en Madrid durante esta mesma xornada.