Escoitar

Abel Caballero participa no lanzamento de “Vive Galicia” en Vigo

O alcalde acompañou a posta en marcha da campaña de Alcampo, que reúne 161 produtos elaborados por 60 provedores locais e estará activa ata o 12 de agosto nos 21 establecementos da compañía en Galicia. A iniciativa, presentada no renovado hipermercado de Coia, pon en valor a calidade e a diversidade da produción galega e reforza o apoio ao tecido empresarial de proximidade: en 2025, Alcampo realizou compras a 288 provedores da comunidade por máis de 207 millóns de euros.

martes, 28 xul 2026
Descargar todas as imaxes