martes, 28 xul 2026
O alcalde denunciou o deficiente estado da estación de autobuses situada ao carón do complexo de Vialia e reclamou á Xunta de Galicia unha actuación inmediata para garantir a limpeza, a salubridade e o correcto funcionamento das instalacións. Afirmou que o Concello recibe diariamente queixas de persoas usuarias polos aseos pechados, a sucidade e as avarías nas pantallas informativas.
martes, 28 xul 2026
O teléfono municipal de información 010 ofreceu 75.015 atencións á cidadanía durante os seis primeiros meses de 2026, entre chamadas de información xeral e xestións relacionadas con trámites, campañas e servizos do Concello. Abel Caballero destacou o funcionamento desta canle que é completamente gratuíta.
martes, 28 xul 2026
“Eu non lles vou pedir á cidadanía de Vigo que cos seus impostos paguen os voos da xente do resto da provincia”, manifestou, insistindo en que o Concello, a Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra deben financiar a partes iguais a captación de novas conexións aéreas desde Vigo.
martes, 28 xul 2026
O alcalde acompañou a posta en marcha da campaña de Alcampo, que reúne 161 produtos elaborados por 60 provedores locais e estará activa ata o 12 de agosto nos 21 establecementos da compañía en Galicia. A iniciativa, presentada no renovado hipermercado de Coia, pon en valor a calidade e a diversidade da produción galega e reforza o apoio ao tecido empresarial de proximidade: en 2025, Alcampo realizou compras a 288 provedores da comunidade por máis de 207 millóns de euros.