Vigo acada os 127 millóns en investimentos para 2027

martes, 20 out 2026

Aos remanentes de 2025 e 2026 de 87 millóns, que están en execución, súmanse os case 40 millóns de euros do orzamento aprobado hoxe polo Goberno local para o próximo ano. O alcalde avanzou que haberá unha ampliación do investimento no mes de febreiro e definiu os presupostos de 2027 como “os mellores da historia da cidade”.