Escoitar

A cidade insta á Xunta a financiar voos desde o aeroporto de Vigo

A moción saíu adiante cos únicos votos do equipo de goberno. PP e BNG votaron en contra.

luns, 29 xuñ 2026

O concelleiro socialista, Jaime Aneiros, instou á Xunta e á Deputación de Pontevedra a aprobar os créditos orzamentarios necesarios para transferir ao Concello de Vigo un terzo do custe para o financiamento de voos, asumindo o outro terzo o propio Concello de Vigo. Amais, Aneiros pediu explicacións ao presidente do goberno autonómico “sobre o engano que se mantivo durante estes anos de negación de pagos ás compañías aéreas”.

O Grupo Municipal Socialista vén de presentar esta moción logo das declaracións do presidente, Alfonso Rueda, “nas que recoñeceu que se fixeron pagos a Ryanair e outras compañías aéreas”.

A moción saíu adiante cos votos a favor do PSdeG. PP e BNG votaron en contra.

Descargar todas as imaxes