A bandeira azul xa ondea no novo paseo de Samil
O alcalde achegouse ao acto de izado deste distinto medioambiental co que contan 12 praias de Vigo. “Somos a cidade de España con máis bandeiras azuis”, declarou.
O alcalde achegouse ao acto de izado deste distinto medioambiental co que contan 12 praias de Vigo. “Somos a cidade de España con máis bandeiras azuis”, declarou.
O alcalde asiste este martes aos encontros coas familias dos 1015 estudantes vigueses que irán ao Reino Unido e Irlanda a partir de setembro coa beca do Concello.
O Concello porá á venda o vindeiro martes as 5.000 reservas para o concerto que a banda mexicana ofrecerá no auditorio de Castrelos o xoves 16 de xullo ás 22:00 horas. Amais, o alcalde explicou que o Concello contactou co representante de Deep Purple para propoñerlles que o concerto deste xoves 2 de xullo se atrase unha hora e poida comezar ás 23:00 horas, xa que coincide co partido da selección española no Mundial.
A Xerencia de Urbanismo aprobará a semana que vén a constitución da Empresa Municipal de Vivenda, cuxa posta en marcha coincidirá coa construción de 227 vivendas de protección en Santa Cristina e Esturáns.
O parque contará novamente este verán cun espazo de información e atención especializada para a prevención do acoso e das violencias sexuais nos espazos de lecer.
O Concello licitará proximamente as obras do Centro de Emerxencia para Mulleres en situación de violencia de xénero por un importe de 65.000 euros, que contemplan a rehabilitación do interior das instalacións e da cuberta do edificio. O centro, que conta con 20 prazas para acoller mulleres e menores en situación de risco, ofrece atención ininterrompida os 365 días do ano, incluídas as fins de semana e festivos, con apoio psicolóxico, social e xurídico ás usuarias. O rexedor lembrou que o Concello destinará en 2026 un total de 241.000 euros ao funcionamento deste servizo esencial de protección e atención ás vítimas de violencia de xénero.
O alcalde visitou esta mañá as instalacións centradas na investigación mariña, situadas en Cabo Estai. Acompañado pola directora do Instituto Español de Oceanografía, Rosa Figueroa Pérez, así como por Pablo Otero Tranchero, responsable do Centro Oceanográfico de Vigo; Carmen González Sotelo, delegada institucional do CSIC en Galicia, e pola concelleira de Medio Ambiente, Nuria Rodríguez, o rexedor interesouse polas distintas liñas de investigación que centran a actividade das 197 persoas que traballan no centro.
As actividades familiares medran ata os catro días no Marisquiño Kids con obradoiros, xogos, exhibicións, un concerto e espazos participativos. O Concello financia O Marisquiño 2026 cunha achega de 1,3 millóns de euros.
Durante a clausura do encontro, organizado por Anfaco-Cytma, o Círculo de Empresarios de Galicia e a Alianza Q-Cero, da que forma parte Iberdrola e que promove a descarbonización en España, Abel Caballero felicitou á organización e explicou que unha parte importante da enerxía verde que emprega o Concello é verde, como ocorre cos ascensores ou as ramplas mecánicas: "É o noso compromiso co que sucede; compartimos o voso traballo" e avanzou que seguirá apostando pola eficiencia enerxética e o consumo responsable. A xornada contou coa participación do sector empresarial do mar-industria, da acuicultura, da pesca, da loxística portuaria, da refrixeración e da xestión da pegada de carbono. Serviu para debater e analizar os principais retos e oportunidades da descarbonización no ámbito da bioeconomía azul, con atención á sostibilidade, á eficiencia enerxética e á transición cara modelos produtivos máis competitivos e respectuosos coa contorna.