O alcalde traslada o compromiso municipal na xornada “Descarbonización na BIOeconomía azul”
Durante a clausura do encontro, organizado por Anfaco-Cytma, o Círculo de Empresarios de Galicia e a Alianza Q-Cero, da que forma parte Iberdrola e que promove a descarbonización en España, Abel Caballero felicitou á organización e explicou que unha parte importante da enerxía verde que emprega o Concello é verde, como ocorre cos ascensores ou as ramplas mecánicas: "É o noso compromiso co que sucede; compartimos o voso traballo" e avanzou que seguirá apostando pola eficiencia enerxética e o consumo responsable. A xornada contou coa participación do sector empresarial do mar-industria, da acuicultura, da pesca, da loxística portuaria, da refrixeración e da xestión da pegada de carbono. Serviu para debater e analizar os principais retos e oportunidades da descarbonización no ámbito da bioeconomía azul, con atención á sostibilidade, á eficiencia enerxética e á transición cara modelos produtivos máis competitivos e respectuosos coa contorna.