Escoitar

O Goberno de Vigo mellorará o Centro de Emerxencia para Mulleres en situación de violencia de xénero

O Concello licitará proximamente as obras do Centro de Emerxencia para Mulleres en situación de violencia de xénero por un importe de 65.000 euros, que contemplan a rehabilitación do interior das instalacións e da cuberta do edificio. O centro, que conta con 20 prazas para acoller mulleres e menores en situación de risco, ofrece atención ininterrompida os 365 días do ano, incluídas as fins de semana e festivos, con apoio psicolóxico, social e xurídico ás usuarias. O rexedor lembrou que o Concello destinará en 2026 un total de 241.000 euros ao funcionamento deste servizo esencial de protección e atención ás vítimas de violencia de xénero.

martes, 30 xuñ 2026
Descargar todas as imaxes