xoves, 2 xul 2026
A Xunta de Goberno Local aprobará mañá venres a convocatoria e as bases reguladoras das subvencións para as festas tradicionais, patronais, gastronómicas, festivais folclóricos e actividades socioculturais para o período 2025-2026.
xoves, 2 xul 2026
Segundo explicou o alcalde, esta acción implica novas prazas para acollida nocturna, a ampliación da atención diúrna e un reforzo da unidade de rúa para asistir ás persoas máis vulnerables.
xoves, 2 xul 2026
O alcalde recibiu esta mañá a oito novos axentes da Policía Local que veñen de incorporarse en prácticas ao servizo. Caballero felicitounos e eloxiou a importante labor que van realizar para a cidade.
xoves, 2 xul 2026
O alcalde presentou esta mañá o encontro de danza urbana que terá lugar en Samil e en Vialia os días 9 e 10 de xullo e animou a gozar dos máis de 60 espectáculos programados.
xoves, 2 xul 2026
Abel Caballero lamenta o atraso da administración autonómica e anuncia o comezo inmediato das actuacións para restaurar os areais afectados polos temporais de febreiro.
xoves, 2 xul 2026
O alcalde abordou este xoves coa directiva dos profesionais do transporte de mercadorías da provincia de Pontevedra as principais demandas dos transportistas. Na súa visita á sede de Vigo da patronal de Pontevedra, Abel Caballero destacou a súa achega á economía, ao benestar da cidadanía e á competivididade das empresas.
xoves, 2 xul 2026
O rexedor mantivo un encontro coa organización do torneo que se disputará desde este venres, 3 de xullo e ata o domingo 5 de xullo, na Praia de Samil. A competición contará con probas de dobres masculinos e femininos nas categorías absoluta, sub-18, sub-16 e veteranos +40. Caballero trasladoulles a felicitación da cidade e desexoulles o mellor para que as xornadas deportivas se desenvolvan co éxito de edicións anteriores.