martes, 24 nov 2026
O operativo establece dúas fases de actuación en función dos avisos meteorolóxicos da AEMET e MeteoGalicia, con medidas de prevención, vixilancia, cortes de tráfico e información á cidadanía.
venres, 13 nov 2026
A Xunta de Goberno Local aprobou este venres a adxudicación, ata 2030, do contrato que aumenta en 15 vehículos a flota actual coa finalidade de adecuarse ás necesidades xeradas pola ampliación do persoal da Policía Local.
venres, 13 nov 2026
Desde este sábado, 14 de novembro, e ata o domingo 10 de xaneiro, o Concello activa o Plan de tráfico especial para o Nadal que prevé 12 días de afluencia alta de visitantes. A seguridade peonil e a accesibilidade dos servizos de emerxencias son prioritarias no documento que prevé a adaptación das medidas en función das necesidades.
xoves, 12 nov 2026
Abel Caballero, xunto á tenente de Alcaldía, Carmela Silva, e á concelleira de Seguridade, Patricia Rodríguez, participou este xoves no minuto de silencio convocado pola Policía Nacional na memoria do axente falecido onte en acto de servizo en Oviedo, trala explosión dun artefacto explosivo. Ao acto sumáronse numeros efectivos da Comisaría de Vigo-Redondela encabezados polo comisario de Vigo-Redondela, Ramiro José Gómez.
martes, 3 nov 2026
O alcalde deulle a benvida esta mañá a oito novos efectivos da policía e a dous oficiais que veñen de ascender na súa carreira profesional. Nos dous últimos anos, incorporáronse 17 novos axentes, 9 no ano 2025 e 8 en 2026. Tal e como explicou o alcalde, o cadro de persoal da Policía Local de Vigo é de 340 efectivos “que coidan e atenden a cidade 24 horas ao día, 365 días ao ano, un traballo permanente, de vixilancia permanente e atención ao tráfico permanente. Un cadro de persoal singular, con altísima calidade para atender esta inmensa cidade”.
venres, 30 out 2026
Abel Caballero saudou este venres aos novos efectivos do Corpo de Bombeiros de Vigo que asumen o seu cargo logo do período de formación.
venres, 23 out 2026
O alcalde saudou aos policías e bombeiros de Vigo que participaron na XI edición dos Xogos Europeos de Policías e Bombeiros, que se celebrou na cidade.
venres, 9 out 2026
Abel Caballero participa este venres na inauguración da XI edición dos Xogos Europeos para as Forzas de Orden e Emerxencias na Porta do Sol. A competición conta co apoio institucional do Concello
luns, 31 ago 2026
Os efectivos realizaron no Porto unha manobra especializada en emerxencias industriais e buques mercantes.
xoves, 20 ago 2026
O Concello de Vigo pon en marcha, coincidindo co inicio da tempada de Liga, unha nova planificación de seguridade, mobilidade e tráfico para os encontros do RC Celta e do Celta Fortuna no Estadio Municipal de Balaídos. O dispositivo establece un modelo estable e coordinado para ordenar os fluxos de peóns, vehículos e transporte público, coa seguridade peonil como principal prioridade.