Escoitar

Abel Caballero pon en valor a formación que reciben os bombeiros de Vigo

Os efectivos realizaron no Porto unha manobra especializada en emerxencias industriais e buques mercantes.

luns, 31 ago 2026

O operativo municipal mobilizou recursos de alta tecnoloxía e vehículos pesados para reproducir unha intervención o máis próxima posible a unha situación real. Segundo explicou o alcalde, trátase dunha complexa manobra operativa e de adestramento especializado, enfocada a mellorar a capacidade de intervención dos efectivos ante emerxencias industriais e en buques mercantes.

Caballero puxo en valor este exercicio, que forma parte das actividades de formación continuada que o Concello desenvolve para o Corpo de Bombeiros.

 

Descargar todas as imaxes