luns, 13 mai 2024
As rúas chave onde se desenvolveu en 1809 a Reconquista de Vigo foron percorridas este luns polos 50 alumnos do Colexio Monterrey que participan na actividade municipal "A Máquina do Tempo-Reconquista 2024". Os estudantes foron recibidos no Concello polo alcalde Abel Caballero, quen lles animou a mellorar o coñecemento da historia e a participar activamente no roteiro histórico que seguiron os vigueses do século XIX para recuperar á cidade do dominio das tropas francesas. O Concello de Vigo achega a Reconquista a preto de 1200 escolares de 5ª e 6ª de Primaria.
luns, 29 abr 2024
A concelleira de Benestar Social, Yolanda Aguiar, deu lectura no Pleno deste mes de abril ao manifesto con motivo do 8 de abril de 2024, o Día Internacional do Pobo Xitano
luns, 26 feb 2024
A Corporación Municipal de Vigo amosou este luns a súa solidariedade coas familias das vítimas do incendio rexistrado no edificio residencial de Valencia, onde faleceron 10 persoas, gardando un minuto de silencio na Praza do Rei. O alcalde Abel Caballero trasladou a solidariedade dos concelleiros e da cidadanía viguesa tanto cos familiares como con toda a cidade de Valencia.
luns, 12 feb 2024
A corporación municipal de Vigo, responsables da Comandancia da Garda Civil, e da comisaría do Corpo Nacional de Policía gardaron este luns un minuto de silencio en recordo dos dous membros da benemérita falecidos a fin de semana en Barbate, e en apoio ás súas familias.
O alcalde Abel Caballero trasladou ás familias "o noso agarimo e noso pésame", á vez que recoñeceu "ás forzas e corpos da seguridade do Estado o seu traballo permanente en todo o país".
xoves, 8 xuñ 2023
Esta mañá as directivas de ambos clubes tiveron un encontro co rexedor co obxectivo de presentar os proxectos deportivos de cara a vindeira tempada.
mércores, 26 abr 2023
Fernando Montoya Silva e Zaida Jiménez Jiménez en representación da Fundación Secretariado Xitano deron lectura no Pleno Municipal deste mércores ao manifesto polo o de abril, Día Internacional do Pobo Xitano.
mércores, 28 set 2022
Pilar Pérez Rodríguez, extraballadora de Empresas Álvarez, deu lectura no Pleno Municipal deste mércores á Declaración Institucional en representación das persoas que protagonizaron os sucesos ocorridos en Galicia no ano 1972 e, de forma máis directa, na folga xeral de Vigo en setembro dese ano. O Concello inaugurará este xoves unha exposición na rúa Príncipe polos 50 anos da folga do 72. Abel Caballero avanzou que serán imaxes e recortes de prensa que narran os feitos "da importante mobilización obreira".
mércores, 30 mar 2022
Coa abstención do grupo mixto e do concelleiro non adscrito, quedou a aprobada na sesión plenaria do mes de marzo a Declaración Institucional de condena da invasión rusa sobre Ucraína.
mércores, 24 nov 2021
Cándida Álvarez, da Asociación Galega de Afectados polo VIH (AGAVIH), incidiu na importancia de dar una resposta rápida para o diagnóstico, o comezo do tratamento e lograr a indetectabilidad do virus.
mércores, 24 nov 2021
Rosa Chantada Abollo, presidenta da asociación “Mulleres e Palabras”, colectivo integrante do Consello Municipal da Muller, foi a encargada de ler a Declaración Institucional polo 25-N e rexeitar a violencia contra as mulleres.