Declaración Institucional Contra a Violencia Machista
luns, 26 out 2015O Pleno Municipal acordou hoxe aprobar esta declaración de rexeitamento da violencia de xénero que pode consultarse no documento anexo.
O Pleno Municipal acordou hoxe aprobar esta declaración de rexeitamento da violencia de xénero que pode consultarse no documento anexo.
O Pleno da Corporación Municipal de Vigo celebrado este martes acordou o texto recollido a continuación sobre a crise migratoria e a situación dos refuxiados que chegan a Europa. Na nomeada declaración, o Concello de Vigo comprométese a sumarse a denominada rede de cidades-refuxio.
O alcalde e numerosos edís da Corporación municipal de Vigo participaron este martes nunha concentración silenciosa organizada na Praza do Rei en apoio á muller viguesa acoitelada o pasado domingo presuntamente pola súa ex parella. Abel Caballero trasladou "todo o noso cariño" á vítima e "o noso rexeitamento e desprezo ao maltratador".
Fundación Liste - Museo Etnográfico de Vigo e o Centro de Artesanía Tradicional continúan coa sua proposta O Escaparate, dirixida a artesáns e artesás que estean interesados en expoñer as súas creacións no Centro de Artesanía Tradicional CAT Vigo. A partir do 22 de abril exhibirase a obra da artesá ilustradora e decoradora de teas Ánxeles Rodríguez Ferrer.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, encabezou este venres o acto de inauguración da nova Praza da Industria Conserveira, na confluencia de Beiramar coas rúas Coruña e Jacinto Benavente, un recoñecemento da cidade a unha actividade económica "tan importante" para o progreso de Vigo.
Os tres grupos políticos con representación municipal acordaron este luns a redacción dunha declaración institucional instando ao goberno galego a "paralizar cautelarmente a concesión do servizo de mantemento" no hospital, para garantir a calidade e continuidade do mesmo e todos os postos de traballo cando funcione o novo centro hospitalario.
Na sesión plenaria deste martes, o alcalde de vigo deu lectura a un texto previamente consensuado polos grupos políticos en defensa do Pobo Palestino. Este acordo será trasladado ao presidente da Xunta e ao presidente do Goberno para que actúen en consecuencia.
Todos os grupos políticos, empregados públicos e público en xeral gardaron este martes un minuto de silencio na Praza do Rei polo asasinato de Isabel Carreiro, presidenta da Deputación de León. O Concello de Vigo sumóuse así a convocatoria de realizada pola FEMP en toda España.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, trasladou este luns no nome da cidade "o noso pésame, a nosa dor, o noso sentemento, a nosa cercanía coa familia e o noso recoñecemento polo inmenso labor" do expresidente Adolfo Suárez, falecido onte en Madrid. O Concello garda desde hoxe tres días de loito oficial.
O Pleno da Corporación celebrado hoxe luns incluíu unha declaración institucional do Concello de Vigo instando á realización das xestións precisas ao obxecto de que a cidade sexa a sede da World Fishing Exhibition do ano 2016.