Declaración institucional sobre a crise migratoria
O Pleno da Corporación Municipal de Vigo celebrado este martes acordou o texto recollido a continuación sobre a crise migratoria e a situación dos refuxiados que chegan a Europa. Na nomeada declaración, o Concello de Vigo comprométese a sumarse a denominada rede de cidades-refuxio.
"Soamente o conflito en Siria provocou o desprazamento de 4.000.000 de persoas segundo Axencia da ONU para refuxiados (ACNUR). En Turquía permanecen ao redor de 2.000.000. Líbano, Iraq, Xordania, Exipto e outros países norteafricanos repártense case a totalidade do resto.
Algúns refuxiados preferiron continuar camiño, por iso, entre outras nacionalidades, moitos sirios forman parte das 264.500 persoas que chegaron a territorio da Unión Europea a través do Mediterráneo
dende xaneiro ata o 14 de agosto deste ano 2015, segundo ACNUR.
A traxedia de Lampedusa en outubro de 2013, na que morreron 368 persoas, marcou un desgraciado fito na Unión Europea. As reaccións dos dirixentes comunitarios e nacionais inducíronnos a pensar que se poñerían en marcha solucións para que non volvese repetirse unha traxedia humana desas dimensións. Por desgracia, dous anos despois seguimos asistindo a mortes non só no Mediterráneo, senón en todo o territorio europeo, de persoas inocentes cuxo único propósito é fuxir da guerra ou da miseria. Hoxe a traxedia é que miles de persoas desesperadas que foxen da morte, están dispostas a arriscar a súa vida e, en demasiadas ocasións, perdela.
Non podemos aceptar como inevitables as traxedias humanas que viven os refuxiados nin as mortes de persoas que se afogan no Mediterráneo ou asfixíanse encerrados nun camión. Non os podemos deixar a mercé dos traficantes de persoas sen escrúpulos no camiño cara a un futuro mellor, porque se non teñen outra alternativa na súa fuxida, seguirán arriscando as súas vidas.
Aínda que Europa non estea a acoller en termos relativos o maior número de refuxiados nesta crise humanitaria, o certo é que as capacidades de moitos países se están a ver desbordadas. Nesta crise, a ruta de entrada a Europa encóntrase lonxe de España. Maioritariamente, as vías de entrada con destino aos países do Norte áchanse en Grecia e Italia. Non obstante, a crise está a poñer a proba a todos os dirixentes europeos porque case todos eles se están a ver afectados por ela nunha ou outra medida.
A dimensión da crise é inabordable por ningún país en solitario. Nestas circunstancias é necesario que todos os países se involucren ao máximo en buscar solucións aos problemas e dende a Comisión europea fixéronse propostas para que todos os países da Unión actúen conforme ao principio de solidariedade, e que debe obrigar aos gobernos a ter unha actitude especialmente proactiva e
solidaria.
Dende logo que non existen fórmulas sinxelas para acometer todas as actuacións que é necesario abordar para mitigar un problema que resulta de máxima complexidade na súa raíz e nas súas derivadas. Son necesarias medidas nacionais, europeas e internacionais, medias a curto, medio e longo prazo, plans e perspectivas novas para un problema que se manifestou como nunca o fixera.
A corporación municipal, quere contribuír con decisión, con iniciativa e dende a mellor disposición ao diálogo, na achega dalgunhas propostas que van na liña de dar pasos adiante. Debemos apartarnos do ensimesmamento ou a resignación que non conducen máis que á repetición dos problemas e, por suposto, debemos de abandonar unha posición que non está en consonancia co sentir maioritario dunha cidadanía española que si é solidaria.
Aínda está viva na memoria a solidariedade que outros mostraron cos que tamén tiveron que fuxir de España por motivos da guerra e posterior persecución que viviu o noso país. Virar as costas aos que
hoxe o necesitan é inxusto en si mesmo, e, ademais un torpe precedente ante futuras situacións de crise que si poidan poñer en cuestión a capacidade do noso país. Seguramente non serán as únicas propostas válidas e viables, pero si consideramos que son os mínimos para comezar a traballar na
boa dirección.
Por todo iso, a corporación municipal do Concello de Vigo comprométese a colaborar na atención ás persoas refuxiadas, instando ao Goberno de España a que deseñe ao respecto con urxencia, un Plan de acollida humanitaria que contemple prazas de acollida dignas, posibilidades de escolarización para os/as menores, atención sanitaria e social, en colaboración coas Comunidades Autónomas e a FEMP. Igualmente insta ao Goberno de España a:
· Apoiar todas as vías diplomáticas existentes e promover a creación de cantas resulten necesarias para actuar con determinación na busca da pacificación dos países en conflito.
· Traballar en favor dunha política integral de inmigración e asilo na Unión Europea, na que se priorice ás persoas e os dereitos humanos. A Unión debe contar coas competencias para abordar en común os instrumentos de ordenación dos fluxos migratorios, a integración e a cooperación con terceiros países, así como unha autoridade capaz de adoptar decisións executivas cando a situación o requira.
· Reforzar, dende unha perspectiva europea e nacional, o diálogo e a cooperación cos países do Norte de África que permitan unha axeitada atención aos refuxiados e seguir traballando para evitar a actuación dos traficantes que poñan en perigo as súas vidas.
· Reforzar así mesmo a cooperación cos países en conflito e cos que acollen un maior número de refuxiados, complementando a asistencia de ACNUR e a Unión Europea.
· Aceptar os solicitantes propostos pola Comisión Europea e aumentar de forma inmediata o presuposto destinado ao asilo e a acollida de refuxiados.
· Desenvolver unha campaña de sensibilización á poboación española sobre a necesidade de contar cunha política de asilo como parte esencial da democracia, o respecto á dignidade humana e aos dereitos humanos, e que procure previr a aparición de actitudes racistas e xenófobas.
· Aprobar o antes posible o regulamento da Lei 12/2009 de 30 de Outubro reguladora do dereitop de asilo e a protección subsidiaria.
Igualmente o Concello de Vigo comprométese a sumarse a denominada rede de cidades – refuxio preparando dispositivos de acollida en invitando a ciudadanía a implicarse e colaborar na medida das súas posibilidades na atención e axuda as persoas refuxiadas desenvolvendo unha mesa de apoio a refuxiados para realizar un traballo estable e permanente que poña en marcha diferentes medidas para a súa atención e apoio."