mércores, 9 set 2015
                    Este mércores abriuse a oferta que a aeroliña irlandesa -a única que optou- presentou ao concurso de promoción turística do Concello de Vigo, e que uniría a cidade con Dublín e Boloña desde abril a outubro de 2016 e sumaría Edimburgo e Milán-Bérgamo desde 2017 e para 2018. Segundo revelou Abel Caballero, Ryanair, que  incorporaría tamén unha conexión diaria con Barcelona, rebaixou en case medio millón de euros o prezo de saúda do concurso.
                 
            
                                        
                
                
                    
                    
                    
                    mércores, 9 set 2015
                    A recreación do pasado romano da cidade celébrase esta fin de semana do 12 e 13 de setembro cunha festa organizada pola Asociación de Comerciantes de Navia. Abel Caballero presentou este mércores a cuarta edición do evento, que conta co patrocinio do Concello, e no que haberá novidades como a aparición dos castrexos nun programa renovado e cun emprazamento distinto que quere "facer festa e facer cultura". 
                 
            
                                        
                
                    
                    
                    
                    mércores, 9 set 2015
                    O alcalde informou dos acordos adoptados na Xunta de Goberno Local extraordinaria deste mércores na que se aprobou o Plan de seguridade e saúde que inclúe a instalación de elementos para os máis cativos nos parques e na que se deu luz verde ao expediente de adquisición de 1.600 entradas para os partidos do Celta en Balaídos, que o Concello entrega a escolares, voluntarios e colectivos desfavorecidos por un valor de 153.000 euros.