Escoitar

O Concello declara tres días de loito oficial pola morte dunha muller vítima da violencia de xénero

Dende este luns ás 12:00 horas da mañá e ata o próximo mércores ás 24:00 horas, Vigo vive tres xornadas de loito oficial en sinal de dor pola morte dunha muller a mans da súa parella acontecida na noite do domingo na cidade. A Corporación Municipal gardou este mediodía tres minutos de silencio.

luns, 7 set 2015
1441629082minutosilencio.JPG
O Concello de Vigo como mostra de solidariedade e de dó pola traxedia da morte dunha muller vítima da violencia de xénero no seu domicilio da cidade, declara tres días de loito oficial que comezan no mediodía deste luns ás 12 da mañá e que rematan este mércores día 9 ás 24 horas da noite.

Este luns ás 13:00 horas do mediodía, a práctica totalidade da Corporación Municipal, integrantes dos tres grupos políticos con representación no Concello, funcionarios e persoal da Casa Consistorial gardaron tres minutos de silencio na Praza do Rei en sinal de dor e solidariedade coa vítima, coa súa familia e cos seus achegados.
Descargar todas as imaxes