O alcalde reclama por carta a Feijóo contestación á proposta de reforma da lei de Área Metropolitana
Abel Caballero anunciou este venres o envío dunha carta ao presidente da Xunta de Galicia solicitándolle unha resposta ao planteamento de modificación da lei de Área Metropolitana de Vigo. O alcalde vigués recordou que, segundo o acordado na reunión bilateral Caballero-Feijóo, a mediados de xullo remitiulle a proposta, avalada agora por rexedores que representan a máis do 80% da poboación da área metropolitana.
Abel Caballero solicita do máximo responsable autonómico unha contestación á proposta de reforma remitida a Santiago hai case dous meses, tal e como acordaron o propio alcalde de Vigo e o presidente da Xunta na entrevista bilateral que mantiveron.
O rexedor vigués indicou que no escrito informa a Núñez Feijóo do resultado das reunións celebradas con alcaldes e alcaldesas da área metropolitana, que avalan a proposta de modificación da lei enviada por Caballero.
"Gustaríame que esa lei estivera aprobada nos primeiros meses de 2016", afirmou Abel Caballero ante os medios de comunicación, polo que, desde a "cordialidade absoluta", reclama unha contestación a Núñez Feijóo para unha iniciativa compartida por representantes de máis do 80% da poboación da área.
Descargar todas as imaxes