O Concello ofrece a súa colaboración ao Círculo Mercantil
Abel Caballero mantivo un encontro este xoves na Casa Consistorial coa nova directiva do Círculo Cultural Mercantil e Industrial de Vigo encabezada polo seu presidente, Nicolás López-Guerra, o vicepresidente, Avelino Castro, e o director xerente, Roberto Campo. O rexedor ofreceulles a cooperación institucional do Concello no labor que realizan, xa que se trata dunha entidade moi importante en Vigo, a quen o rexedor desexa a mellor sorte na nova etapa que inicia.