Escoitar

Caballero avanza que nun mes comezará a funcionar o ascensor entre Menéndez Pelayo e Camelias

O alcalde visitou este mércores os traballos de construción do elevador inclinado, xa na súa última fase, e datou para finais deste mes ou comezos de outubro a súa entrada en funcionamento. Situado en Juan Ramón Jiménez, e tras un investimento de 491.000 euros, o ascensor salvará en 32 metros de percorrido os 20 metros de altura que separan Menéndez Pelayo da Avenida das Camelias.

mércores, 2 set 2015
1441198202Ascensor.JPG
O goberno de Vigo ultima a posta en marcha do ascensor inclinado que unirá Menéndez Pelayo coa Avenida das Camelias, segundo adiantou Caballero esta mañá, a finais do mes de setembro ou comezos de outubro. Trátase do segundo proxecto municipal do denominado Vigo Vertical, tras as escaleiras mecánicas da rúa II República, nas inmediacións da Porta do Sol.

O elevador, ubicado á altura da rúa Juan Ramón Jiménez, supón un investimento municipal de 491.000 euros e percorrerá unha distancia de 32 metros, salvando os 20 metros de altura que separan Menéndez Pelayo das Camelias. Dará servizo ás dúas paradas, con embarques na parte superior e inferior do mesmo.

O alcalde puxo en valor que o ascensor está a ser construído específicamente para esta localización por unha empresa con sede viguesa, e indicou que a capacidade de carga do mesmo será de 25 persoas, permitindo desprazar a preto de 2.000 persoas por hora.
Descargar todas as imaxes