O alcalde apoia aos taxistas vigueses que demandan unha mellor localización no novo hospital
O alcalde reuniuse este mércores con representantes do colectivo de taxistas de Vigo que lle amosaron o seu malestar polas condicións nas deben traballar no Álvaro Cunqueiro onde teñen as paradas situadas no soto sen boa visualización e onde non poden empregar a porta principal para deixar aos usuarios.
Abel Caballero mantivo un encontro esta mañá na rúa Doutor Cadaval con representantes do colectivo de taxistas de Vigo que lle manifestaron a súa preocupación polo seu emprazamento no novo Hospital Álvaro Cunqueiro.
Segundo explicaron, os taxis están situados no soto do complexo, nun aparcamento subterráneo polo que non son visibles para os usuarios e ademais non poden acceder á porta principal para deixar ós seus pasaxeiros, algo que é posible facer na maioría dos hospitais, sendo o transporte en taxi un servizo público. Os representantes do colectivo sosteñen que nestas condicións o servizo que ofrecen é moi deficiente engadindo que nesa zona non teñen boa cobertura telefónica polo que non poden atender chamadas.
O rexedor vigués coincidiu co colectivo de taxistas na necesidade de mellorar este servizo e as condicións nas que están traballando no Álvaro Cunqueiro para poder cubrir as necesidades dos enfermos e das súas familias da mellor maneira posible. Segundo Abel Caballero esta é unha nova deficiencia do hospital privado de Vigo que debe ser atendida porque é "un servizo de importancia capital xa que os enfermos usan taxis".
Descargar todas as imaxes