O Concello estudará a proposta de programación musical da Banda de Valladares
Nun encontro celebrado esta mañá co director da Banda, José Iglesias, Abel Caballero asumiu o compromiso de estudar a acción musical proposta pola entidade para celebrar diferentes concertos en toda a cidade. O alcade anuncia que demandará á Xunta de Galicia a ampliación do número de prazas no Conservatorio Profesional de Vigo porque nestes momentos é "claramente insuficiente".
O rexedor de Vigo reuniuse este venres con integrantes da Banda de Música Unión Musical de Valladares, encabezados polo seu director, José Iglesias, que lle presentaron a programación musical para os próximos meses. Trátase dunha serie de concertos de zarzuela, lírica e teatro musicado para ser representados en todo Vigo que Abel Caballero definiu como "moi interesantes" e que se comprometeu a estudar.
Ademais, a Banda de Valladares informou ao alcalde das "serias carencias" que existen no acceso ao Conservatorio de Música Profesional de Vigo que, segundo Abel Caballero "ten un cadro de persoal magnífico pero onde faltan prazas de determinados instrumentos" citando o caso de clarinete, xa que segundo lle explicaron este ano só se ofertou unha praza cando a Escola de Valladares ten 20 alumnos que queren estudar ese instrumento no conservatorio vigués.
O alcalde de Vigo anunciou a súa intención de dirixirse ao presidente da Xunta solicitándolle a ampliación do número de prazas do Conservatorio Profesional de Vigo porque a oferta actual é "claramente insuficiente" para a demanda da cidade, que ten moita dedicación e afección musical. Abel Caballero lembrou a preocupación do seu goberno pola formación musical citando a Escola Municipal de Música, onde están ocupadas todas as prazas que son "arredor de 450", e á que se destinan 400.000 euros do presuposto municipal, mentres a Escola de Música Folk recibe 150.000 euros do goberno local.
Descargar todas as imaxes