O alcalde destaca a capacidade do sector atuneiro para xerar emprego e valor engadido
Na inauguración da sétima edición da Conferencia Mundial do Atún, que se desenvolve este luns e martes na cidade olívica, Abel Caballero destacou a importancia da industria atuneira na economía internacional. Ademais manifestou a honra e orgullo que supón para Vigo ser estes días a capital mundial do sector atuneiro, conserveiro e transformador dos produtos do mar e das súas industrias auxiliares, xa que aquí están reunidos os maiores expertos.
O alcalde participou este luns na xornada inaugural da VII Conferencia Mundial do Atún "Vigo 2015", organizada por Anfaco-Cecopesca, e onde se dan cita expertos de máis de 30 países de todo o mundo, que representan o 90% da produción mundial de conservas de atún, e que expoñen e debaten na cidade olívica cuestións relacionadas co abastecemento da materia prima, a súa transformación e comercialización.
No seu discurso, Abel Caballero sinalou a importancia do atún como alimento esencial e destacou a capacidade da industria atuneira de xerar valor engadido, emprego e tecnoloxía, incidindo así mesmo no respecto que amosa o sector polo medio ambiente, a sostibilidade e a trazabilidade. O rexedor declarou que para Vigo é unha "satisfacción" acoller esta xuntanza na que "hai técnicos, profesionais, administración e empresas de 30 países que simbolizan unha parte moi importante da acción internacional da pesca e que na conferencia cooperan activamente para levar adiante este proceso".
Ademais, o rexedor referiuse ao pasado de Vigo como cidade que medrou arredor das fábricas de salgadura e destacou o feito de que o encontro se desenvolva con espírito de diálogo e colaboración arredor dun sector económico relevante na economía internacional.
Descargar todas as imaxes