A Corporación concéntrase en silencio en apoio á viguesa atacada o pasado domingo
O alcalde e numerosos edís da Corporación municipal de Vigo participaron este martes nunha concentración silenciosa organizada na Praza do Rei en apoio á muller viguesa acoitelada o pasado domingo presuntamente pola súa ex parella. Abel Caballero trasladou "todo o noso cariño" á vítima e "o noso rexeitamento e desprezo ao maltratador".
En declaracións aos medios realizadas despois do minuto de silencio gardado, Abel Caballero trasladou "todo o noso apoio" á viguesa vítima dunha agresión de "violencia extrema" e "o noso rexeitamente e desprezo ao maltratador". "Temos que amosar toda a nosa enerxía en contra da violencia de xénero", indicou o alcalde.
Caballero recordou que o goberno que encabeza adica "un enorme esforzo" á loita contra a violencia machista, sendo o Concello de Vigo case que a única administración que sustenta económicamente a función da Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos -"mentres eu sexa alcalde, terán o apoio para continuar co seu traballo", apuntou- e coa sección específica da Policía Local de apoio, seguemento e formación ás vítimas.
Descargar todas as imaxes