Segunda conferencia do ciclo "Galegas na Ciencia"
Dentro do ciclo de charlas "Galegas na Ciencia" que organiza Concellería de Igualdade terá lugar o martes 14, a segunda das conferencias a cargo de África González Fernández directora do Centro de Investigacións Biomédicas (CINBIO) e Catedrática de Inmunoloxía na Universidade de Vigo. A charla será ás 19.00 horas no Centro de Documentación e Recursos Feministas.

África González Fernández
Directora do Centro de Investigacións Biomédicas (CINBIO) e Catedrática de Inmunoloxía na Universidade de Vigo. Doutora en Medicina e Ciruxía pola Universidade de Alcalá de Henares, realizou a especialidade MIR de Inmunoloxía na Clínica Puerta de Hierro de Madrid. Realizou unha estancia postdoutoral de 4 anos co Dr. César Milstein (premio Nobel pola técnica dos anticorpos monoclonais) no Laboratory of Molecular Biology do Medical Research Council de Cambridge, Inglaterra. Desde 1996 lidera un grupo de investigación na área de Inmunoloxía, traballando en Nanomedicina (estudo da toxicidade e inmunoxenicidade dos nanomateriais, así como desenvolvemento de biosensor para detectar células tumorais, en vacinas e en anticorpos monoclonais.
Ten publicado máis de 125 artigos en revistas e capítulos de libros, e é invitada con asiduidade a impartir conferencias en distintos foros. No aspecto de transferencia, ten varias patentes de anticorpos monoclonais e do biosensor, e é promotora da empresa spin-off NanoImmunotech, que actualmente conta xa con sedes en Vigo e Zaragoza. É coordinadora do proyecto BIOCAPS, un proxecto institucional financiado con máis de 4,6 millones de euros polo 7º programa marco da Unión Europea para o Instituto Biomédico de Vigo. Actualmente tamén participa no deseño dunha vacina para tuberculose, dentro do programa europeo Horizon2020.
Descargar todas as imaxes