Escoitar

CONVOCATORIA BOLSA DE EMPREGO OFICIAL PAVIMENTADOR/A

A Xunta de Goberno Local, en sesión do día 13 de marzo de 2015, adoptou acordo que contén as bases reitoras do proceso selectivo para a formación de unha Bolsa de Emprego que permita os nomeamentos interinos previstos no artigo 10.1 da lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público (EBEP), como Oficiais Pavimentadores/as.

venres, 10 abr 2015
O prazo de presentación de instancias será de 5 días hábiles contados dende o seguinte ao da publicación do presente anuncio da convocatoria na prensa local. A data, lugar e hora dos exercicios, e a lista de admitidos e excluídos xunto coas causas motivadoras da exclusión, publicaranse no Taboleiro de Editos do Concello de Vigo e na páxina web municipal (www.vigo.org).

Así mesmo, na páxina web municipal (www.vigo.org) e no Taboleiro de Editos da Casa do Concello, atópanse as bases específicas reitoras do presente proceso selectivo.

Vigo, data segundo sinatura electrónica