Premios e nominacións de espectáculos do programa VIGOCULTURA
Dende o pasado día 20 de marzo e ata o 22 de maio, estase a desenvolver no Auditorio Municipal do Concello (praza do Rei, 1) a programación de artes escénicas "Vigocultura", dirixida tanto a público adulto (venres) como a público familiar (domingos), organizada dende a Concellería de Cultura, Festas e Museos.
Dentro do programa, atopamos varios espectáculos que veñen de obter distincións nos Premios María Casares 2015, celebrados no pasado mes de marzo en Coruña; este é o caso de "Perplexo" da compañía Ilmaquinario Teatro, que actuará o 8 de maio e que obtivo 5 premios: mellor espectáculo, mellor adaptación/tradución, mellor dirección, mellor vestiario e mellor iluminación; pola súa banda, a compañía A Panadaría, que pechará o ciclo o 22 de maio, obtivo o premio á mellor actriz secundaria coa obra "Pan! Pan!"
Ademais, outros tres espectáculos que visitarán o auditorio nos meses de abril e maio están nominados aos Premios MAX, caso da compañía La Tartana teatro, coa obra "El guardián de los cuentos", que actúa este domingo día 12, nominada como mellor espectáculo infantil, ao igual que "Aladdin" de Teatro Gorakada (3 de maio); por último, Teresa Nieto en compañía con "Petí Comité" (24 de abril) está nominado como mellor espectáculo de danza.
As entradas e abonos para os espectáculos poden adquirirse a través de Ataquilla (www.ataquilla.com / 902.504.500), ou ben na Central de Espectáculos (rúa Velázquez Moreno, 26). Hai para elixir "abonos á carta" para 5 espectáculos (15% de desconto sobre o prezo total) ou para 10 (25% de desconto) e que só se poderán adquirir a través do teléfono 902.504.500 ou no despacho de billetes.
Descargar todas as imaxes