Escoitar

Xunta de Goberno Local

xoves, 9 abr 2015
ASUNTOS PARA INCLUIR NA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 10 DE ABRIL DE 2015.


1.- Actas da sesión extraordinaria e urxente do 18 e 19 de marzo e ordinaria do 26 de marzo de 2015.

ALCALDÍA
2.- Solicitude de participación do xefe da Unidade Administrativa da Alcaldía en curso de formación en lingua francesa. Expte. 12390/101.

BENESTAR SOCIAL
3.- Proxecto de convenio de colaboración coa "Asociación de personas sordas de Vigo" para a prestación do Servizo de intérprete de lingua de signos- ano 2015. Expte. 104006/301.

CONTRATACIÓN
4.- Expediente de contratación, por procedemento negociado con publicidade, do alleamento de 124 vehículos depositados na avda. de Madrid e chatarra diversa. Expte. 4880/241.

5.- Aceptación da renuncia de Funductil Tarrega S.L. á formalización do contrato de subministro de bancos para beirarrúas e zonas verdes. Expte. 7580/446.

6.- Adxudicación do procedemento aberto para a contratación dos servizos de conservación e reposición de parques infantís, áreas biosaudables, areas deportivo ximnásticas e mobiliario urbán do Concello de Vigo. Expte. 7524/446.

7.- Dar conta da resolución adoptada polo Tribunal Administrativo Central de Recursos Contractuales referente á suspensión do expediente de contratación do servizo de conservación e mantemento de zonas verdes. Expte. 7614/446.

8.- Devolución de garantías:
a) IMES S.A. Expte. 4783/241.
b) IMES S.A. Expte. 4786/241.


CULTURA, FESTAS E MUSEOS
9.- Dar conta da relación de expedientes de gasto menor tramitados polo Servizo da Área de Culturas, Festas e Museos durante o mes de marzo de 2015. Expte. 451/330.

10.- Fixación de prezos de venda de entradas da programación do Servizo de Cultura e Bibliotecas no Auditorio municipal no primeiro semestre do ano 2015. Expte. 14951/331.

11.- Proxecto de convenio de colaboración coa Asociación de corais polifónicas de Vigo (ACOPOVI) para a organización do programa "Vigo, un mar de corais" para o ano 2015. Expte. 6008/335.

12.- Proxecto de convenio para concesión de subvención á Asociación Cultural Noescafé Teatro para a organización do Programa "Alt.15-14º Festival alternativo das artes escénicas de Vigo". Expte. 14936/331.

DEPORTES
13.- Proposta de autorización para a organización da "Carreira corre por nuestro mundo, nuestra dignidad y nuestro futuro", o vindeiro 12 de abril. Expte. 13958/333.

14.- Proposta de autorización para a organización do evento "Baloncesto 3x3 Vigo" os vindeiros 11 e 12 de abril nas pistas da praia de Samil. Expte. 13948/333.

15.- Proposta de autorización para a organización do "XXXIX Cross Coutada Beade" o vindeiro 12 de abril. Expte. 13942/333.

16.- Proposta de autorización para a organización do "XVI Trofeo Cidade de Vigo de Mountain Bike-Vigo Contest-Maratón Transgalicia" o vindeiro 12 de abril no Monte Veciñal de Candeán. Expte. 13916/333

17.- Devolución de aval a Mondo Ibérica S.A. constituído como garantía do acopio de materiais para a obra de reforma do Campo de fútbol de Samil. Expte. 13959/333.


DIRECCIÓN DE INGRESOS
18.- Dar conta da resolución do Concelleiro de Economía e Facenda pola que se aproba o Padrón Fiscal do imposto de vehículos de tracción mecánica- ano 2015. Expte. 47363/511.

EDUCACIÓN
19.- Prórroga do contrato para a xestión da Escola Municipal de Teatro. Expte. 14994/332.

20.- Expediente de contratación, por procedemento aberto, do servizo para a xestión da Escola Infantil municipal "Mestres Goldar" de Castrelos. Expte. 16774/332.

EMPREGO
21.- Proxecto de convenio de colaboración coa Asociación rede de mulleres veciñais contra os malos tratos no marco do Fomento de Emprego. Expte. 11630/77.

IGUALDADE
22.- Proxecto de convenio de colaboración coa Asociación Rede de mulleres veciñais contra os malos tratos para o apoio ao mantemento da Rede de mulleres veciñais contra os malos tratos durante o ano 2015. Expte. 6669/224.

OSPIO
23.- Plan de Seguridade e Saúde e aceptación do Plan de xestión de residuos da obra "Renovación da rede de saneamento na rúa Robleda, entre o nº 52 e 60". Expte. 2918/443.

PATRIMONIO HISTÓRICO
24.- Proposta de aprobación do Anexo ao Plan de Seguridade e Saúde das obras de rehabilitación de "A Casa do Patín". Expte. 7650/307.

POLICÍA LOCAL
25.- Indemnización substitutiva por importe de 22.931,70 € a favor de TAELPO S. COOP. pola prestación do servizo de radiocomunicacións para Policía Local e Servizo Prevención e Extinción de Incendios. Expte. 43580/212.

RECURSOS HUMANOS
26.- Axudas especiais FAS (Fondo de Acción Social) marzo 2015. Expte. 26448/220.

27.- Rectificación de erro no expediente administrativo núm.: 26253/220 de complemento de produtividade por toxicidade do persoal das brigadas de pavimentacion do persoal do Parque Móbil, correspondentes ao mes de xaneiro 2015. Expte. 26471/220.

28.- Rectificación de erro no expediente administrativo núm.: 26250/220 de complemento de produtividade por toxicidade do persoal do servizo de Desinfección correspondente ao mes de xaneiro 2015. Expte. 26470/220.

29.- Dar conta á X.G.L. das seguintes resolucións:

a) Autorización de horas do servizo de Seguridade e Mobilidade. Expte. 26449/220.

b) Autorización de realización de horas extraordinarias fora da xornada laboral dos servizos Enerxéticos. Expte. 26443/220.

c) Autorización de realización de horas extraordinarias fora da xornada laboral da Xerencia do Parque Central. Expte. 26444/220.

d) Autorización de realización de horas extraordinarias fora da xornada laboral para o persoal do servizo de Desinfección. Expte. Núm.: 26460/220.

e) Autorización de realización de horas extraordinarias para o 2º trimestre de 2015, do persoal do servizo de Museos. Expte. Núm.: 26469/220.

f) Recoñecemento de consolidación de grao persoal a D. Antonio Manuel Gómez Otero. Expte. 26396/220.

g) Recoñecemento de consolidación de grao persoal a D. Manuel Camaño Menduíña. Expte. 26397/220.

h) Autorización de reducción de xornada a D. Rubén Corral Moldes. Expte. 26336/220.

i) Prórroga de comisión de servizos do Concello de Guitiriz en relació a D. José Igor Souto López. Expte. 26433/220.

k) Declaración da xubilación obrigatoria da empregada pública municipal Dna. Rosario Fernández Iglesias, con efectos de 09/04/2015. Expte. 26454/220.

l) Declaración da xubilación obrigatoria do empregado público municipal D. Fernando Fernández Pérez, con efectos de 22/04/2015. Expte. 26433-220.

TRANSPORTES
30.- Indemnización substitutiva por importe de 22.821,06 a favor de Interparking Hispania S.A. polos servizos de apoio a xestión do aparcamento sito no subsolo da Praza de Portugal-febreiro 2015. Expte. 625/449.
TESOURERÍA
31.- Proposta para recadar por vía de constrinximento recibos por subministración de auga ao Concello de Porriño (2012-2013). Expte. 26034/700.

URBANISMO
32.- Toma de coñecemento do pase á vía de constrinximento de sancións urbanísticas. Expte. 8115/407.

XUVENTUDE
33.- Proxecto de convenio entre o Concello de Vigo e APAMP, "Asociación de Familias de persoas con parálise cerebral" para o desenvolvemento dun programa de dinamización infantil e xuvenil (Ludoteca). Expte. 4379/336.

34.- Indemnización substitutiva por importe de 27.436,58€ a favor de Fundación de Estudos e Análise Fesán pola prestación do servizo de atención a nenos e nenas nos Espazos de Tempo Libre da Casa da Xuventude e Pavillón de Coia. Expte. 4397/336.

35.- Rogos e preguntas.

DECRETO DE CONVOCATORIA
Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes para a súa inclusión na orde do día, convoco á Xunta de Goberno Local para realizar sesión ordinaria na súa Sala o día 10 de abril de 2015, ás 9,00 h. en primeira convocatoria e, de non existir quórum, unha hora despois (10,00 h.) en segunda convocatoria, para resolver os asuntos da devandita relación.
Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Xunta de Goberno Local; á titular da Asesoría Xurídica, ao interventor xeral, á titular do Órgano de Apoio á Xunta de Goberno Local e ós demais membros do grupo político municipal do PSdG-PSOE . Fágase público no taboleiro da Casa do Concello para ós efectos de información.

Vigo, 8 de abril de 2015.

O ALCALDE, A CONCELLEIRA SECRETARIA DA
XUNTA DE GOBERNO LOCAL,


Abel Caballero Álvarez Dª. Mª Jesús Lago Rey.