Escoitar

Concello e AGEINCO organizarán un evento profesional en Vigo a finais de ano

O alcalde de Vigo recibiu este mércores á nova diretiva da Asociación Galega de Empresas de Enxeñería, Consultoría e Servizos Tecnolóxicos (AGEINCO). Caballero salientou a "capacidade de xeración de emprego de calidade e valor engadido" deste sector e adiantou que ambas entidades colaborarán na organización a finais de ano dunha "gran reunión de profesionais" na cidade.

mércores, 8 abr 2015
1428493458ingenieros.JPG
O rexedor vigués explicou que a Asociación Galega, que optou por situar a súa sede en Vigo, está formada por 30 empresas, que teñen na internacionalización unha "parte importante" do seu funcionamento. A este respecto, a nova dirección transmitu a Caballero a "importancia do papel da Alcaldía" no establecemento das compañías viguesas no exterior, como a acción levada a cabo coa urbe mexicana de Celaya, segundo revelou.
Descargar todas as imaxes